Xestión do tempo de Exercicio
Nas sociedades modernas a xestión do tempo convírtese nun dos principais retos para as estructuras familiares. Dita xestión está vinculada preferentemente a dous factores: o aproveitamento e o control do mesmo.
As extensas xornadas de traballo, unidas as horas de sono e ocupacións domésticas fan que posuamos cada vez menos franxas horarias para empregalas en actividades relacionadas co ocio, a recreación ou a saúde, entre outras.
Atopamos una clara tendencia por parte dos usuarios na administración do seu tempo, sendo cada vez mais os que deciden escoller servizos de altos niveis de calidade en breves pero suficientes periodos de tempo.
Parece que cada vez é mais importante o axuste da oferta a demanda real e a correcta elección por parte dos cidadáns de servizos eficientes que atendan a multiples obxectivos.
Si esta nova realidade a levamos ao campo da actividade física e o deporte, observamos que as recomendacións da comunidade científica e as organizacións internacionais son dunha práctica mínima de 150 minutos/semanais o que serían mínimo 2horas e media de exercicio semanal.
Esta práctica debe diversificarse entre exercicio cardiovascular, de tonificación muscular e de movilidade articular, sempre controlada por profesionais que planifiquen o mesmo.
Por iso 60 MINUTOS, TEMPO EFECTIVO para coidar a tua SAÚDE.