60 minutos de exercicio garante da tua saúde
Filoxenéticamente estamos configurados para acumular enerxía, dita enerxía almacénase principalmente en depósitos de graxa, se estes depósitos superan os estadíos de normalidade, atopámonos en situación de sobrepeso ou obesidade, problemática que deriva en enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT) coma: hipertensión, dislipemias, cancro, enfermidades cardiovasculares, diabetes…, e da que dependen en Galicia o 63% das mortes anuais. A única forma de regular o almacenaxe graxo é mediante o control da dieta e o incremento de actividade física (OMS 2004).
Por outra banda os sistemas do noso organismo deben manter o seu nivel funcional para non sufrir enfermidades por falta de uso. No tocante ao sistema cardiovascular, se os cidadáns non facemos exercicio, o corazón non estará adaptado ao esforzo e polo tanto precisará para unha mesma necesidade demandas de maior estrés que no caso dun corazón adestrado. De este modo, os últimos estudos amosan como factor preponderante na prevención de enfermidades crónicas non transmisibles o nivel de exercicio, sobre outras variables como poderían ser a obesidade, o colesterol elevado, a hipertensión ou a diabetes, na prevención de enfermedades do sistema cardiovasculares (Blair 2009). As persoas con sobrepeso activas presentan menores indicios de risco de morte prematura con respecto a persoas con normopeso sedentarios.
Pero ademais aqueles que fan exercicio intenso de xeito sistemático como por exemplo, camiñar a alta intensidade, incrementan a sua lonxevidade e as suas probabilidades de non sufrir enfermidades con respecto aos que camiñan a baixa intensidade ou son sedentarios (Williams & Thomson 2013).
Se os nosos usuarios consiguen niveis óptimos a nivel cardiorrespiratorio (VO2 máximo de como mínimo 40 ml/Kg/min.) axudaremolos a reducir a probabilidade de dependencia, de custes en farmacia, pero ademais , incrementaremos os anos vividos con bo estado de saúde, mellorando a calidade de vida.
Por eso o Centro 60 minutos é tempo para COIDAR A TÚA SAÚDE.
(Extraído Praza Pública) (Carballo 2013).